Contactar Número: 1047   31/07/2010
 
Baloncesto|Balonmano|Ciclismo|Fútbol|Fútbol Sala|Hípica|Tenis de mesa|Vela|Voleibol|

Judo - Gran Premio InternacionalBouzas acollerá o sábado outra edición do G.P. Internacional30/10/2008
O Gran Premio Internacional de Judo, que organiza a Federación Galega de Judo coa colaboración do Club Vieirasa Famu de Vigo, chega xa a súa 13ª edición e pretende non só continuar a liña de progresión dos últimos anos senón seguir consolidándose, como un referente do judo nacional e Internacional, tanto pola súa calidade deportiva e organizativa como pola súa nova configuración.

Ao igual que o ano pasado e dado ao éxito e a aceptación por parte dos competidores e do público, a competición será por Seleccións Mixtas, escollendo para a formación da mesma as categorías nas que Galicia ten judokas clasificados dentro do ranking nacional e internacional, incluso cunha Campioa de Europa (-52 e +78 kg na categoría feminina e –66 kg, -73 kg e –81 kg na categoría masculina).

Nesta competición só pódese participar por invitación persoal, polo que se limitou o número de seleccións a oito para axilizar, amenizar e dar a máxima calidade ao desenvolvemento da mesma.

O Gran Premio vaise a desenvolver o sábado día 1 de novembro. As eliminatorias empezarán ás 17.00 horas, as semifinais ás 19.00 horas e a gran final será ás 19.30h horas. Todo elo no Pavillón Municipal de Deportes de Bouzas.

A selección galega estará composta por Maite Ríos, Elda García-Miramontes e Vanesa López (-52 kg), Eduardo Carballeira, Rubén Perrino e Pedro teijeiro (-66 kg), Miguel Romero, David Abalde e Nicolás García (-73 kg), Jesús Maquieira, Luis Seijas e Javier Arias (-81 kg) e Sara Álvarez, Carla Mosquera e Nagore Valle (+81 kg). O equipo galego enfrontarase nesta cita ós combinados de Portugal, Gran Bretaña, Italia, Cataluña, Extremadura, Castilla León e España.
Imprimir
publicidad
Clasificaciones
publicidad