Xadrez - Mireya Represa Pérez, do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, campiona de España Benxamín 06/07/2010 Mireya Repesa e o estremeño Iñigo López, campeóns benxamón 2010 Mireya Represa Pérez, do Club de Xadrez Laroca, de Nigrán, residente na parroquia baionesa de Sabarís, ven de se proclamar en Jaen campiona de España Benxamín Feminino, no Campeonato disputado no mítico Hotel Anibal. Deste xeito Mireya e o extremeño Iñigo López, campión masculino representarán o xadrez español no Campionato da Comunidade Europea en Mureck (Austria) do 3 ao 12 de agosto, e no Mundial Individual Benxamín en Halkidiki (Grecia) do 19 ao 31 de outubro. A moza residente en Sabarís empezou a xogar o xadrez os seis anos nas actividades extraescolares do seu colexio. No 2008 entra a formar parte do Club de Xadrez Laroca de Nigrán (club que conta nas súas filas con xogadores dos tres concellos do Val Miñor). No ano 2009 proclamase Campiona Galega en categoría pre-benxamín (polo que foi incluída no grupo de tecnificación da Federación Galega de Xadrez) e campiona pre-benxamin do Circuito Escolar da FEGAXA. Xa neste ano 2010, en abril, consegue o titulo de Campioa Galega benxamín, e o pasado domingo 4 de xullo Campiona de España en Linares.
|
publicidad
publicidad
|