Piragüismo - O Kayak Tudense, campión no Galego de Pista Individual 13/07/2010Unha vez máis, o Kayak Tudense (1438 puntos), proclamouse campión na clasificación por clubes do Campionato Galego de Pista Individual que se celebrou no Encoro de Pontillón do Castro (Verducido). O Clube As Torres Romaría Vikinga de Catoira acadou o segundo posto, con 911 puntos, mentres o Náutico O Firrete se quedou co bronce (607 puntos). Sen embargo, esta clasificación por equipos é provisional, xa que se deberá agardar ata o 1 de agosto, cando se celebrará o Campionato Galego de Pista para embarcacións dobles e cuádruples, para obter os resultados finais. A nivel de podios, podemos resaltar os excelentes resultados, por exemplo, de Teresa Portela (Club de Mar Ría de Aldán Hermanos Gandón) que se impuxo na categoría muller senior K-1 cun tempo de 00.42, 810; Joan Ardit (Kayak Tudense) gañador de home senior K-1 completando o percorrido en 00:38,400, ou David Mascato (Breogán do Grove), ouro na categoría home C-1 senior con 00:42,350.
Campionato Galego de Pista de Veteranos
No mesmo escenario se celebraba tamén o Campionato Galego de Pista Individual para Veteranos, do que resultou campión na clasificación por equipos o Naval de Pontevedra, mentres o Piragüismo Vilaboa e o Cofradía de Pescadores de Portonovo quedaban segundo e terceiro, respectivamente.
|
publicidad
publicidad
|