Remo - Leta Lasa destaca a aposta do Goberno galego polo remo feminino15/07/2010O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, salientou a aposta da Xunta polo remo e polos deportes de mar durante a presentación, nas instalacións da Secretaría xeral para o deporte, da Liga Galega Feminina de Traiñeiras. Lete Lasa lembrou que o Goberno galego puxo en marcha a liga masculina no ano 2004 e, a liga feminina, en 2009. O secretario xeral para o Deporte sinalou o premio Deporte Galego como mellor equipo feminino do ano 2009 concedido recentemente á SD Rías Baixas, e a inclusión o vindeiro curso do remo como deporte escolar como exemplos do apoio da Xunta a esta modalidade. José Ramón Lete Lasa aproveitou a presentación da Liga galega de traiñeiras para felicitar ao remo galego por seguir crecendo, e amosou o seu apoio aos clubs galegos, tanto aos participantes nesta liga como na Liga ACT. “Os deportes do mar son estratéxicos para o Goberno galego”, sinalou.
Liga masculina e feminina A Liga Galega de Traiñeiras inclúe a liga masculina e a feminina. A masculina chega este ano á súa edición número 7, tras a súa posta en marcha no ano 2004. Comporase dun total de 18 regatas nas que participarán 17 traiñeiras, todas elas galegas. O gañador conseguirá a Bandeira Xunta de Galicia. Na liga feminina participarán 3 traiñeiras no que será a segunda edición desta competición. A SD Rías Baixas é a tripulación favorita para levar a Bandeira Xunta de Galicia. As regatas de traiñeiras teñen unha gran tradición en Galicia xa que a primeira competición da que existe unha clasificación se celebrou na Coruña no ano 1904. As primeiras sociedades fundáronse nos anos 30 na capital coruñesa, e nos anos 40 naceron os primeiros clubs na provincia de Pontevedra, en Vigo e Marín.
|
publicidad
publicidad
|